biografía


KARBALLO

(Miguel Carballo Álvarez)

Datos autobiograficos e técnicos


    Nacín en 1951 na aldea de Surrego - Buciños, municipio de Carballedo, provincia de Lugo.
    En 1956 miña familia trasládase ás terras dos Chaos de Amoeiro, provincia de Ourense.
    No 1969, ós 18 anos, e despois de ter asistido a clases de pintura nunha academia de Ourense, marcho a Madrid co fin de me seguir preparando na arte da pintura, afición en que andaba metido dende a infancia.
    Unha vez en Madrid, asiña me decidín por unha formación autodidacta como artista e como persoa, cando descubrín que das academias e dos mestres tamén é necesario sase sempre des-aprender para poder chegar a ser un mesmo e facer unha obra propia. Así como que os títulos na arte e na constitución das persoas non supoñen garantía de cousa ningunha.
    Dende 1971, naquel Madrid inda dos tempos de Franco, decidín xogarme a vida afrontando unha dedicación exclusiva à pintura e dei saido adiante.
    Co interese por a arte de pintar sempre compartín un interese por a arte de escribir, tomada esta con igual liberdade. Así, unha vez cumpridos os meus 50, decídome a dar a coñecer esta faceta publicando, en autoedición, algúns libros: "UN BÁRBARO EN ATENAS" (un ensaio sobre a nosa cultura e fe Occidental), "SOCIOECONOMIA HUMANIZADA" (unha proposta de autoorganización cidadán sociopolítica i económica), "A RÓTA DOS GÁNSOS", a miña primeira novela (historia autobiográfica dun persoeiro que, digo, habita dentro de min), esta de momento só en edición  online. Por último publiquei un pequeno libriño titulado "NO FONDO DOS NOSOS ABISMOS DA NADA A VIDA SIGUE" (un ensaio tamén).


    Entre infinidade de traballos alimenticios que tiven que asumir na miña xuventude, sempre me gusta destacar especialmente o de debuxante de arqueoloxía que desempeñéi durante doce anos no Museo Arqueolóxico de Ourense, por a gran relación que dito traballo me supuxo coas para min admirables obras saidas das mans de nosos antepasados das diferentes culturas de Europa que chegaron o noso Noroeste ibérico.

    Nesta xa longa andadura, teño realizado diversas exposicións individuáis en distintos espazos e lugares, participado en moitas colectivas, e, por elo e porque a pintura ten sido a miña profesión e o meu sustento principal e, en remate de contas, a miña vida, obras miñas atópanse en coleccións privadas, e tamén algunhas públicas, de Galiza, o resto do Estado Español, Grecia e outros paises de Europa e do mundo.

    Meu traballo de pintor, realizoio dese xeito tan antigo, que xa case resulta estraño, de simplemente pintar sobre superficies como fixeran os admirables mestres das Altamiras prehistóricas. É, pois, simplemente pintura, que non sei nin quero encadrar en ningún dos catro ou cinco ismos coñecidos que se me poderían ocorrer como etiqueta definidora. Unicamente podo decir que, fundamentándome en elementos puramente abstractos da materia e o color, que amaso a miudo coma quen amasa un bárro ancestral, vou perfilando unha figuración un tanto onírica ou ensoñadora delimitada por realidades máis ou menos dubidosas ou etéreas. Ultimamente tamén estou retornando a natureza como tema e pinto paisaxes que a miudo quero denominar, simplemente: "VISTAS DOS MEUS OLLOS", como querendo só ver e plasmar o que vexo, ou o queda no meu sentir despois de ver.
    Por suposto non pinto en rochas coma os primitivos pintores das covas e, inda que chamo “fresco” a miña pintura actual, tampouco aplico os pigmentos con cal sobre paredes de argamasa recen dada, como facían os pintores gregos, romanos, medievais e bizantinos, con todo, si penso que teño moito de todos eles e, ben seguro que tamén de outros posteriores. Porque un  pode pintar en cada época con materiáis, ferramentas e mesmo estéticas diferentes, así como tamén en distintos soportes, pró tan ancestral oficio, como é o de pintor, fai que os elementos, por moi distintos que parezan, sempre teñan eles, felizmente, algo en común.


EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS

1978- “Retratos de persoaxes ourensáns”. Sala Viloleta e Yopo. Ourense.

1982- “Serigrafias” Bodegón. Ourense.

1985- Sala Museo Arqueolóxico Provincial e Galería Estudio 34. Ourense.

1988- Galería Obradoito de Artes de Tamallancos. Ourense.

1989- Galería Sargadelos. Ourense.

1995- Casa de Galicia. Madrid.

1996- Galería Obelisco. Coruña.

1997- Galería Alameda. Vigo.

1998- Ateneo de Ourense. Ourense.

1998- Biblioteca Provincial. Lugo.

1998- Biblioteca González Garces. Coruña.

1998- Delegación de Cultura. Pontevedra.

2001- Galería Alameda. Vigo.

2002- Exposición e presentación libro “Un Barbaro en Atenas”. Galería Visol. Ourense

2003- Galería Theófilos. Atenas – Grecia.

2005- Galería Trisquel e Medulio. Tui.

2006- Sala Capitanía Marítima. Baiona

2006- Galería Panaderas. Coruña.

2008- Galería Visol. Ourense.

2009- Galería DUA2. Vigo.

2010- Galería Arte e Imagen. Coruña.

2010- Galería Arte Bronce. A Guarda (Pontevedra)

2013- Galería Visol. Ourense


2015- Galería Sargadelos (organizada por a Fundación Cuña-Casasbellas) Pontevedra

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS


1980- Exposición Festas de Ourense. Ourense.

1981- Museo Etnográfico do Ribeito. Ribadavia – Ourense´

1981- “Homenaxe a Picaso”. Ateneo. Ourense.

1983- Festas de Ribadavia. Museo Etnográfico do Ribeiro. Ribadavia – Ourense.

1983- Exposición Itinerante. Consellería de Cultura.

1986- “Artistas Por a Paz”. Ateneo. Ourense.

1989- “Seis Artistas Ourensáns”. Galería Pardo Bazán. Coruña.

1989- “INVENTARIO DAS RIVEIRAS” 9º Festival da Poesía. Salvaterra de Miño – Pontevedra.

1990- Galería Sargadelos. Santiago de Compostela.

1990- Galería Arboreda. Ferrol.

1991- Hostal de los Reyes Católicos. Santiago de Compostela.

1991- “Itinerante U.N.A.T.”. Por distintas cidades de España.

1991- Galería Obradoiro de Artes de Tamallancos. Ourense.

1993- “Artistas no Camiño”. Pazo de Vilamarín. Ourense.

1994- “Artistas Ourensáns”. Galería Obelisco. Coruña.

1994- “O Gaiteiro Nas Artes”. Barcelona.

1994- “Arte Para Todos”. Galería Obradoiro de Artes. Tamallancos. Ourense.

1995- “Letras Galegas”. Universidade Laboral. Ourense.

1995- “ARTE E SOLIDARIDADE”. Vigo.

1996- Museo Municipal. Ourense.

1996- Festival Intercéltico. Lorient (Francia).

2000- “Proxecto Home”. Itinerante por distintas cidades Galegas.

2002- Colectiva Galería Alameda. Vigo.

2003- Colectiva Galería Visol. Ourense.

2005- Galería Trisquel e Medulio. Tui.

2007- Galería DUA 2. Vigo.

2008- Galería Marga Prada. Ourense.

2009- Galería Arte Bronce. A Guarda.

2009- Galería Marga Prada. Ourense.

2010- “Proxecto Home”. Itinerante por distintas cidades galegas.

2010. Sofi’s. Lemnos (Grecia)


2013 - 2014 diferentes exposicións temáticas do Grupo Arte MUD, en Fundación Vicente Risco de Allariz.
                     Ourense.

1015 - "Proxecto Home". Museo Municipal de Ourense.