meus libros

 o día 18 - 12 - 2013 publiquéi este libriño:

"NO FONDO DOS NOSOS ABISMOS DA NADA A VIDA SIGUE"

 

 

para ir a libro clicar cualquer destes enlaces:



  ENTRAR NO LIBRO DIRECTAMENTE


-----------------

A ROTA DOS GANSOS 

 É unha novela que editei en Decembro de 2012 en aberto neste meu blog particular e máis tarde tamén no blog: editorenlibre



imaxen libro A RÓTA DOS GÁNSOS

PARA IR Á NOVELA, CLICAR EN CUALQUER DESTES ENLACES SEGUINTES:






DE QUE VAI "A RÓTA DOS GÁNSOS"

              O protagonista,“Ermíndo Barêla Romái”, narra, en primeira persoa, unha descarnada escavación arqueolóxica na súa alma de rapazote galego rural chegado á allea e agresiva metrópole divinizada daquela ranza ditadura de Franco ateigada de mentiras, falsos mitos, modernismos trabucados e rebeldías a cegas que medraban de vergoñas, medos e complexos incrustados como a martelo mallando duro naqueles tempos nos miolos dos españois, e especialmente dos galegos.

            Esta introspección que se lle desencadea a Ermindo sen contar con ela en mesturanza cos primeiros pasos da súa ambiciosa e desexada aventura vital (naqueles tempos, para el e  moitos mozos/as máis, forzosamente en Madrid, igual ca para outras/os hoxe en Novaiork, Londres, Atenas ou Pekín…) vai configurando unha novela que ten moito de autobiografía, de crónica dunha viaxe iniciática ou dunha experiencia emigratoria maís de tantas.

            Está escrita nun galego-portugués particular, que non ten por qué resultar difícil de ler cun pequeno esforzo que se teña disposición de facer, previo repaso das aclaracións que antes de comezar a historia fai o protagonista-narrador, sen dúbida alter-ego do autor.


------------


LIBROS MAIS ANTIGOS


"UN BÁRBARO EN ATENAS"


e un libro que publiquei en papel en febreiro de 2002




UN BÁRBARO EN ATENAS é o primeiro libro en papel que publiquei fai xa uns anos. Está escrito no mesmo dialecto, algo menos perfilado, utilizado no da miña derradeira novela A RÓTA DOS GÁNSOS, inda que ó tempo lle chaméi "dialecto bárbaro", facendo gala da condición de bárbaro atlántico que asumín con certo horgullo ante un egocentrismo grego clásico e mediterraneo en xeral  (un dos principáis argumentos do propio libro), que sen dúbida como bárbaros nos viron sempre ós pobos que havitamos estes confíns do Oeste europeo. Nel fago un repaso por a filosofía, historia e relixión da Grecia antiga e a sua influencia nas egocéntricas fés da actualidade en que vivimos neste mundo herdeiro da Grecia que cegou a nós por medio do Imperio Romano.
   Ten 300 páxinas, a portada é unha reprodución a color dun cadro tamén meu. Por ser o primeiro libro e por o dialecto do galego, e considero que tamén do portugués, que utilizo (que houbo quen calificou de "ladino", e algo que ver ó menos coá filosofía da fala dos sefarditas igual ten) cuia normativa particular aparece na penúltima páxina 299 e nun marcador de regalo no que reproduzo outra obra propia, non cave dúbida de que esixe facer certo esforzo para o ler, ora quén queira reflexionar con mente aberta e libre sobre a Grecia antiga, a actual e as diferentes fés relixiosas e de todo tipo que seguimos a ter neste engreido mundo Occidental, pódelle compensar tal esforzo.
    Editado por Obradoiro de Arte Tamallancos, está a venda en algunhas librerías de Galiza e pódese pedir contra reembolso nos teléfonos de CONTACTO deste blog. Seu precio de editorial é 10 € máis IVE e gastos de envío.

Este non o editei online porque nono teño dixitalizado, quizáis algún día poida ofrecelo.

-------------------------------------------------------------------------


COMO SE PODE VER NO LIBRIÑO QUE FIGURA MÁIS ABAIXO, CONSERVO CERTA CONFIANZA (POR RARO QUE POIDA PARECER) EN QUE UNHA ORGANIZACIÓN POLÍTICA, E TAMÉN  SOCIAL E ECONÓMICA, VERDADEIRAMENTE DEMOCRÁTICA E HUMANIZADA PODE LOGRAR UNHA VIDA MOITO MELLOR E MÁIS FELIZ PARA O COMÚN DA CIDADANÍA, DENTRO OU DENDE O PROPIO SISTEMA POLÍTICO DEMOCRÁTICO E ECONÓMICO DE MERCADO EXISTENTE.

TEÑO REDACTADO UN-A PROPOSTA DE NOVO MODELO DE ESTRUCTURA, PARECIDA Á PROPOSTA NESTE LIBRO, PERO MÁIS SINXELA E FACIL DE POR EN MARCHA.  ESTA  ESTÁ INCLUIDA, COMO UN CAPÍTULO, DO LIBRIÑO TITULADO:

"NO FONDO DOS NOSOS ABISMOS DA NADA A VIDA SIGUE"  


CON TODO, ESTE LIBRO COA PROPOSTA ANTERIOR QUE OFREZO A CONTINUACIÓN SIGUE GUSTÁNDOME ,  ESPECIALMENTE NAS SUAS PARTES MÁIS FILOSÓFICAS DO COMENZO:
  

                        SOCIOECONOMÍA HUMANIZADA

 Este é un libriño de unhas sesenta páxinas que comezéi a escribir no 2010 e publiquéi (como libro tradicional papel) en 2011 co fin de propor un modelo estructural de nova organización cívica, social política e económica de tipo confederativo que, partindo dun ámbito municipal, ou local, é dicir dende un nivel básico e cercano, poida chegar deica o ámbito estatal, e mesmo a nivel da UE e incluso a nivel máis global se fose posible, tendo mói en conta a debida importancia da soberanía de cada nivel, e especialmente a das ancestrales identidades político-culturais tan fortes entre nós os europeos e tamén noutras partes do mundo.
    Redactéi este libro (suspendendo outras cousas que estaba escribindo) no intre de me desanimar totalmente, e, con elo, de me dar de baixa na organización política en que un día, aló por 1995, decidira colaborar presentándome coas suas siglas á fronte dunha lista electoral municipal no meu concello,  por crer naquel intre que era unha organización verdaeiramente democrática e defensora da democracia, algo que tanto costou acadar neste estado e tan necesitada de defensa me parece.


    O coñecemento que fun adquirindo do funcionar de dita organización, cuio nome non vou mencionar aquí, ó fin moi parecido ó de outras organizacións políticas desta partitocracia de partidos ou coalicións piramidáis que é o estado español, nas que dificilmente poden ser elixidos para as funcións de maior importancia os mellores políticos, senón sobre todo os máis aduladores, pillabáns e trepadores, e tamén co que fun vendo dende o cargo de concelleiro (para o que fun votado por os meus compañeiros e viciños tres veces) con respeito a certas practicas irregulares e mesmo perversas por parte das institucións oficiáis, leváronme a redactar así unha proposta de estatutos (que practicamente só uns estatutos é este libro, inda que penso que reflicte tamén unha filosofía) que pudesen dar forma e vida a outro tipo de organización que sexa quén de propor outro modelo de sistema político de unha democracia máis verdadeira e participativa, que producise políticos máis capaces e tamén así unha renovada confianza e ánimo cidadán de participar a tan grande masa de decepcionados que non facemos máis ca medrar cada día que pasa.
   Esto de seguir montando partidos e coalicións piramidáis para só uns cuantos, que se saben situar (a miudo de antemán) na sua cúspide,  se colocar de diputados/as ou en chopes mellores e quizáis poder colocar tamén ós seus, non debería ter xa senso nin futuro, pro o certo é que de momento esto é o que impera por todas partes.  Está claro que son necesarios outros sistemas de organicaión de democracia auténtica, participativa, con verdadeira capacidade de control por todos os seus membros e da propia sociedade, que asuma afrontar xa por si mesma problemas e retos sociáis, económicos, etc., e que, ademáis, se presente a eleccións institucionáis, e con unhas persoas elixidas por un sistema que garantice que son as mais axeitadas por intelixencia e honradez . Organizacións que tamén esquezan anticuados ismos (de esquerda, dereita, centro, etc.) calificadores, clasificadores e enfrentadores da cidadanía, e que poidan, por fin, producir unhas institucións públicas correctas e eficaces así como o trunfo dunha lóxica xeral na vida e decisións públicas.
    Eu, unha vez que cheguéi a coñecer as deprimentes realidades antes mencionadas, e dado que sempre tiven e sigo tendo interés e ilusión (sen caer en ser un iluso) por o melloramento da sociedade na que vivo, así como porque tamén teño bastante esperiencia de ter participado en moitas organizacións,  decidín facer esta proposta, e así a xeito de normas organizativas ou regras de xogo, inda que coñezo ben o antipática que resulta a lectura destas cousas, así como a pouca importancia que ás normas organizativas adoitan a dar a maioria das persoas, sin dúvida para min trabucadamente, porque eu estou convencido de que sen unha boa e ben estructurada  oorganización, non se pode consiguir nada, ou pior inda, só se conseguirán decepcións.
    É curioso que cando xogamos a un xogo cualquer, o primeiro que nos interesa é coñecer as regras por o que o tal xogo se rixe. Sen embargo cando se xoga a algo tan serio como é o funcionamento dunha organización social ou política, curiosamente parece que a estructura e as regras son sempre o de menos. E así non é de estranar que pasen as cousas que pasan e nos queimemos como nos queimamos.
   




Pódese ler, descargar, ou imprimir o texto deste libriño (tamaño de papel cuartilla A5 en horizontal) para uso non comercial, gratuitamente clicando neste enlace: